Ampliado o prazo de presentación de receitas ata o próximo 20 de xullo de 2020.
En colaboración coa Aula de Cociña Porto-Muíños convocamos a X edición do noso concurso de receitas.
Participantes:
O concurso está dirixido a afeccionados á cociña, estudantes de hostalería e bloggers gastronómicos residentes en España.
Para participar, os interesados deberán enviar unha receita orixinal con CASTAÑA DE GALICIA como ingrediente principal acompañada dunha fotografía do prato ao seguinte correo electrónico:
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Ou por correo ordinario a:
Porto-Muiños. Polígono de Acevedo, parcela 14. 15185. Cerceda. A Coruña.
Condicións:
As receitas deberán ser orixinais e de elaboración propia, sendo a CASTAÑA DE GALICIA e o seu sabor o ingrediente principal do prato que se vai elaborar.
Nas receitas participantes deberán indicarse os ingredientes, as cantidades necesarias, o proceso de elaboración do prato e unha fotografía deste, ademais de toda a información que o participante crea conveniente especificar.
Categorías:
- Receitas salgadas
- Receitas doces
- Estudantes de hostalería
Pode consultar as bases completas nas seguintes ligazóns:
