Benvida do presidente:

 

Toda a miña vida, dende rapaz, levo vinculado laboral e emocionalmente á castaña e é por iso, que cando no ano 2009 a Castaña de Galicia foi recoñecida como unha Indicación Xeográfica Protexida, vin alcanzado un dos meus maiores desexos: que a castaña galega fose distinguida pola súas diferencias de calidade e peculiaridades organolépticas derivadas da súa localización xeográfica, sendo esta ademais unha forma de evitar un uso fraudulento da referencia á orixe galega.

 

No sector temos por diante un longo camiño, que sen dúbida dará grandes froitos para a castaña galega, tanto na mellora e organización da súa produción coma na promoción e divulgación, apartado no que este portal agarda ser o escaparate das súas virtudes, así coma das actuacións e novidades emprendidas dende o Consello Regulador, que é o órgano para a xestión e promoción da I.X.P. Castaña de Galicia, albergando ademais toda a información últil para os operadores inscritos ou que desexen acollerse ó selo de Castaña de Galicia.

 

Convídoos pois a un paseo virtual polos centenarios soutos galegos.

 

Benvidos.

 

 

 

 

 

  Jesús Quintá García 

 Presidente Consello Regulador 

 

 

 

 

Datas importantes na cronoloxía da IXP Castaña de Galicia:

 

  • Orde do 5 de febreiro de 2009 pola que se aproba o Regulamento da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia e do seu Consello Regulador e se nomea o Consello Regulador Provisional (DOG Nº29 do 11 de febreiro de 2009)
  • Corrección erros (DOG Nº34 do 18 de febreiro de 2009)
  • Regulamento (UE) Nº409/2010 da comisión do 11 de maio de 2010 polo que se inscribe unha denominación no Rexistro de Denominacións de Orixe Protexido e as Indicacións Xeográficas Protexidas [Castaña de Galicia (IXP)] (DOUE de 12-5-2010).
  • Modificación en tramitación (Ver)
  • DOG do nomeamento do Presidente e da Vicepresidenta do CR da IXP Castaña de Galicia, 2023 (Ver)

 

Organigrama:

 

© 2019 IXP Castaña de Galicia. Todos os dereitos reservados. Todos los derechos reservados. All Rights Reserved.